Artículos

Vol. 31 (2023)

A Fala de Xálima e ideoloxías lingüísticas – algúns comentarios

Páginas: 9-20

PDF

Resumen

O traballo fócase na Fala de Xálima, variedade da familia galaico-portuguesa con menos de 3.700 falantes (prov. de Cáceres). É unha variedade minorizada con formas vernáculas en desaparición e un número minguante de falantes (Ramallo, 2011). No estudo analízanse conversas mantidas con falantes da Fala que teñen influencia sobre a revitalización e o futuro esta variedade. O artigo basease nos principios da lingüística sociocultural (Bucholtz e Hall, 2004, 2010); analízanse algunhas orientacións indexicais, interaccionais e esencialistas que permiten comprender a relación entre a variedade local e o seu contexto socialmente significativo, ademais da súa importancia para a identidade local. Emprégase tamén a teoría da ideoloxía lingüística (Irvine e Gal, 2000) e a indexicalidade (Silverstein, 2003). Obsérvase como unhas dinámicas ideolóxicas recursivas e historicamente marcadas serven aos falantes para defender o status quo da variedade como inexistente no contexto político oficial e como aplican a estratexia de apagamento ao non admitir que A Fala corre perigo de desaparición e, así, perpetran a minorización da variedade local.

Licencia

Creative Commons License

Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución 4.0.