ESTUDIOS - Cultura y oralidad

Vol. 27 (2019)

Alteracións de[s̺] en coda silábica na Illa de Ons

José Manuel Dopazo Entenza
https://orcid.org/0000-0001-6921-5016

Páginas: 25 - 38

PDF

Resumen

Ata hai ben pouco, a visión e estudo da lingua, en materia de variación e cambio, cinguíase á dialectoloxía, centrada na catalogación de ítems léxicos, fonéticos e morfolóxicos, contrastándoos xeograficamente. A día de hoxe continúanse a facer estes estudos mais, dende os traballos de Labov1, encamiñouse á análise da variación diastrática e interxeracional.
Ademais, hai que ter en conta que “a lingua é unha actividade, non é unha obra feita”, como di Kabatek. Á luz dos datos, pode percibirse como as mudanzas lingüísticas poden ter unha proxección contraria á previsible, pois o cambio “é un movemento pasivo producido pola diferenza entre dous estados calculados cuantitativamente”.