Artykuły

Tom 31 (2023)

Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico no galego

Xoán Carlos Goris García
https://orcid.org/0009-0009-2721-2728

Strony: 39-55

PDF (Español (España))

Abstrakt

O cambio de código e a acomodación lingüística son fenómenos máis ou menos naturais e comúns dentro das comunidades bilingües compostas por falantes que, canto maior sexa o seu repertorio lingüístico, máis posibilidades pragmáticas terán á hora de comunicarse co seu interlocutor, adaptarse ao tema, situación ou rexistro. Como se producen estas mudanzas e que supoñen para o cambio lingüístico en marcha no galego será o obxectivo deste traballo. Ademais, centrarémonos na análise do comportamento dun grupo de falantes morañeses con respecto aos trazos dialectais da gheada e o rotacismo cando son gravados polas cámaras de televisión. Así, e seguindo a metodoloxía da sociolingüística variacionista de Lavob, puidemos observar que é a gheada o trazo que maior acomodación vai recibir fronte ao gran mantemento do rotacismo, que as mulleres son o grupo máis innovador e que a xeración máis nova semella recuperar algúns usos tradicionais da lingua.

Licencja

Creative Commons License

Utwór dostępny jest na licencji Creative Commons Uznanie autorstwa 4.0 Międzynarodowe.